Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

21.04.2017

Marta Míguez destaca Galicia activa como imprescindible ferramenta para os xestores deportivos

A secretaria xeral identificou “o valor destas iniciativas, que nos permiten nutrinos do coñecemento e da experiencia de profesionais de recoñecido prestixio"

Imprimir Atrás

Santiago, 21 de abril de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, clausurou na mañá de hoxe a ‘Xornada de xestión deportiva para pequenos e medianosmunicipios’ organizada pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE). Alí, a máxima responsable do deporte, a nivel autonómico,subliñou “o valor destas iniciativas, que nos permiten nutrinos do coñecemento e da experiencia de profesionais de recoñecido prestixio”.

Nas súas verbas, Marta Míguez destacou que “cada vez máis, o deporte precisa dunha actualización constante e formacións específicas, quesumadas ao traballo levarán á mellora de todas as vertentes do deporte”. A secretaria xeral resaltou que “é necesario coñecer as debilidades e osproblemas na xestión, para poder ofrecer solucións alternativas”.

A secretaria xeral destacou, na súa intervención, a “Galicia Activa, como imprescindible ferramenta para actualizar o censo autonómico deinstalacións deportivas, públicas e privadas” e da “necesaria axuda dos xestores deportivos para alimentar e robustecer esta ferramenta”.

Así mesmo, no acto que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, a secretaria xeral aproveitou a ocasión para felicitar a EduardoBlanco, presidente de AGAXEDE, e organizador da xornada, polo seu recente nomeamento como presidente da Federación de Asociaciones deGestores Deportivos de España.

Vistas:  167

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds