Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

03.05.2017

Míguez asegura que o Campionato de España de Ximnasia en Ourense axudará a que o deporte escolar "sexa cada vez máis igualador, visible e plural"

O Campionato terá lugar o vindeiro 6 e 7 de maio e acollerá os exercicios de cinco aparatos: aro, mazas, cinta, pelota e corda

Imprimir Atrás

Ourense, 3 de maio de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, presentou esta mañá na sala de xuntas do Concello de Ourense o Campionato de España de Ximnasia rítimica que “achegará ao deporte en idade escolar varios complementos para que sexa cada vez máis global, visible, igualador e plural”. “Favorecer a práctica deportiva en idades temperás é determinante e contribúe a consolidación duns hábitos de vida saudables ao longo de todas as etapas da vida e que perduran no tempo máis alá da vertente competitiva do deporte”, engadiu.

Nas súas verbas, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico asegurou que grazas ao Campionato de España de Ximnasia rítmica en idade escolar “gozaremos das habilidades e destrezas dos e das ximnastas chegados de todas as partes de España co aro, mazas, cinta, pelota e corda”.

Tras agradecer o traballo do concello, federación e clubs para facer realidade este Campionato de España en Ourense, Marta Míguez lembrou que os ximnastas “serán os verdadeiros protagonistas dunha fin de semana na que gozaremos dun espectáculo de primeiro nivel”.

A secretaria xeral tamén acudiu ás semifinais da XXIII Copa de Campións da Real Federación Española de Fútbol da División de Honor Xuvenil 2017 que nesta xornada de mañá disputaron o Celta de Vigo e o Málaga. Debido a estes dous eventos e á próxima final da Copa que se disputará no estadio do Couto o vindeiro sábado, a secretaria xeral apuntou que “esta fin de semana Ourense será o centro de atención a nivel deportivo de todas as comunidades autónomas”. 

Vistas:  83

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds