Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

21.06.2017

Marta Mígeuz destaca a "alegría do esforzo" como o valor do Olimpismo que "queremos para a nosa terra e para as nosas xentes"

Destaca o papel das institucións e administracións como “entes responsables de transmitir estes principios” e engade que os deportistas, e máis aínda os deportistas olímpicos, son “os verdadeiros emisarios destas mensaxes”

Imprimir Atrás

Oleiros (A Coruña), 21 de xuño de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na tarde de hoxe no III Día do Olimpismo Galego, unha xornada na que a Secretaría Xeral para o Deporte recibiu a Placa da Academia Olímpica Española do Comité Olímpico Español de mans do sue presidente e fundador, Conrado Durántez, polo traballo desenvolto en prol do deporte. No seu discurso, a máxima responsable do deporte galego destacou os valores “deportivos e pedagóxicos” promulgados polo olimpismo e dixo deles que “son os que queremos para a nosa terra, Galicia, e para as nosas xentes, galegos e galegas”. “Ese estilo de vida que promulga o olimpismo, esa ‘alegría do esforzo’ e ‘responsabilidade social’ na busca dos obxectivos individuais e comúns é o que intentamos divulgar nos máis pequenos, adultos de mañá”, sentenciou.

A secretaria xeral fixo fincapé na importancia de que estes valores “sigan plenamente vixentes 28 séculos despois do xerme dos Xogos en Olimpia e 121 anos despois do reinicio das Olimpíadas modernas”. Así, destacou o papel das institucións e administracións como “entes responsables de transmitir estes principios” e engadiu que os deportistas, e máis aínda os deportistas olímpicos, son “os verdadeiros emisarios destas mensaxes”.

A secretaria xeral valorou a Placa da Academia Olímpica Española entregada á Secretaría Xeral para o Deporte como “un motivo de gran orgullo e ao mesmo tempo un acicate para seguir traballando na mellorar de todos os aspectos relacionados co deporte”.

No acto, organizado Academia Olímpica Española (Comité Olímpico Español) e os centros de estudios olímpicos das tres universidades galegas, tamén foi entregada a medalla Pierre de Coubertin ao ex decano da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña, Rafael Martín Acero.

Vistas:  109

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds