Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

29.06.2017

A secretaria xeral para o Deporte desta a "excepcionalidade do Rallye Internacional de Ferrol na presentación da súa 48ª edición

Destaca o rally por contar “cunha atención coidada e minuciosa a todos os aspectos que lle competen á organización a través da Escudería Ferrol, principal responsable de que unha das sete grandes cidades galegas teña un rally internacional desta categoría”

Imprimir Atrás

Ferrol (A Coruña), 29 de xuño de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou esta mañá na presentación da 48ª edición do Rallye Internacional de Ferrol, quinta proba puntuable do Campionato de España de Rallyes 2017, que terá lugar nas vindeiras datas do 7 e o 8 de xullo. No acto que tivo lugar no concello ferrolán, a máxima responsable do deporte galego destacou esta proba automobilística que botou a andar en 1970 asegurando que “un evento deportivo se manteña tanto tempo na elite, fala da súa excepcionalidade e de todas as virtudes que posúe”.

Na súa intervención, a secretaria xeral destacou o rally por contar “cunha atención coidada e minuciosa a todos os aspectos que lle competen á organización a través da Escudería Ferrol, principal responsable de que unha das sete grandes cidades galegas teña un rally internacional desta categoría”. Respecto á seguridade, Marta Míguez subliñou a importancia das “zonas perfectamente delimitadas, a visibilidade dos sinais e os consellos dirixidos ao público”.

Ademais, a titular de Deporte salientou o rally por ser completo, “como mostran os seus tramos de asfalto espectaculares e técnicos que fan que os pilotos teñan que dar o mellor de si”; difícil, “pola climatoloxía cambiante e a esixencia das súas pistas”; e bonito, por desenvolverse nunha “terra de afiada costa, bañada polo Atlántico e dominada desde o alto polos castelos de San Felipe e A Palma”.

Vistas:  146

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds