Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

17.07.2017

Publicada no DOG a listaxe definitiva de subvencións a entidades deportivas

Hoxe, luns 17 de xullo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución coas listaxes definitivas de subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, convocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2016.

Imprimir Atrás

En total, o importe das axudas concedidas ascendeu a 2.080.000 € (110.000 € máis que na anterior convocatoria), destinándose 1.950.000 € aos clubs e sociedades anónimas deportivas, e 130.000 € ás agrupacións deportivas escolares coorganizadoras da campaña do deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte.

En relación ao número de beneficiarios, no que respecta aos clubs e sociedades anónimas deportivas, valoráronse un total de 1558 solicitudes, resultado beneficiarias 1280 (76 solicitudes beneficiarias máis que na anterior convocatoria). Ao respecto das agrupacións deportivas escolares, resultaron beneficiarias as 30 agrupacións solicitantes (4 máis que na anterior convocatoria).

Os beneficiarios dispoñen de prazo para solicitar o cobro e xustificar a subvención, dende mañá martes 18 de xullo, ata o xoves 17 de agosto de 2017.

Ver listaxe e documentación a presentar para o cobro da subvención.

 

Vistas:  3303

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds