Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

20.07.2017

Míguez reivindica “un deporte que conviva en paz e harmonía coa natureza” na presentación do Campionato de España de Percorridos de Caza

No transcurso do seu discurso, Marta Míguez lembrou que o deporte da caza conta con “fonda tradición e participación” en Galicia como mostra que “é a segunda federación deportiva con maior número de licencias, con case 20.000 fichas federativas”

Imprimir Atrás

Trazo (A Coruña), 20 de xullo de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada da directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, participou no serán de hoxe na presentación do Campionato de España de Percorridos de Caza que terá lugar entre o 21 e o 23 de xullo no campo de tiro Río Sar, en Trazo, e no de Pedra Facha, en Val do Dubra. A secretaria xeral reivindicou nas súas verbas “un deporte que conviva en paz e harmonía coa natureza, co noso entorno e coa nosa sociedade”. Neste sentido recordou como nas instalacións de Río Sar “os propios deportistas son responsables de recoller as vainas dos cartuchos e depositalas nos colectores, un detalle polo que as instalacións do Río Sar foron distinguidas como paisaxe limpa”.

No transcurso do seu discurso, Marta Míguez lembrou que o deporte da caza conta con “fonda tradición e participación” en Galicia como mostra que “é a segunda federación deportiva con maior número de licencias, con case 20.000 fichas federativas”.

Tras enviar folgos aos tiradores galegos que competirán no Campionato de España, a máxima responsable do deporte galego fixo un chamamento ás mulleres “para que se animen a probar calquera tipo de actividade física, independentemente dos clichés sociais e prexuízos que, afortunadamente, pouco a pouco van desaparecendo”. 

Vistas:  131

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds