Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

08.09.2017

Marta Míguez supervisa o estado do campo municipal de fútbol de Pantón no que a Xunta de Galicia e o Concello investiron 22.000 euros

A secretaria xeral para o Deporte visitou as instalacións deportivas dos concellos lucenses de Pantón e Sober

Imprimir Atrás

Pantón e Sober (Lugo), 8 de setembro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou hoxe o Concello de Pantón onde puido comprobar o estado do campo municipal de fútbol que foi adecuado e mellorado segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 20 de marzo entre a Xunta de Galicia e o Concello lucense para o acondicionamento de instalacións deportivas.

Na súa visita, a máxima responsable do Deporte galego, destacou a importancia da coordinación entre as diferentes institucións públicas para acadar un mapa de infraestruturas deportivas renovado e que cubra á perfección as necesidades da poboación galega. “Para ter os mellores deportistas, precisamos ter as mellores instalacións”, apuntou.

Estas actuacións tiveron un investimento total duns 22.071,38 euros dos que a Secretaría Xeral para o Deporte achegou 20.000 euros e o Concello de Pantón os 2.071,38 euros restantes.

Ademais, a secretaria xeral para o Deporte tamén visitou o Concello de Sober onde puido visitar o pavillón municipal e avanzar en novas liñas de colaboración cos responsables municipais para mellorar tanto a práctica como as instalacións deportivas da zona.  

Vistas:  71

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds