Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

23.09.2017

Marta Míguez destaca o “rotundo éxito” que supuxo a celebración no Milladoiro do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Squash

Os 14 equipos que loitaron por acadar o título foron as seleccións masculinas de Galicia (A e B), Castela A Mancha (A e B), Castela e León, Andalucía, Asturias e País Vasco, ademais das seleccións femininas de Galicia (A e B), Castela e León, Asturias, Cataluña e País Vasco

Imprimir Atrás

Ames (A Coruña), 23 de setembro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou no serán de hoxe as instalacións do Squash Club Santiago onde se celebrou o Campionato de España de Seleccións Autonómicas e participou na entrega de premios aos gañadores. A titular de Deporte galego salientou que “estas humildes instalacións deportivas da área de Compostela” non só acollen este campionato nacional senón que tamén foron “o berce dun gran deportista galego a nivel local, nacional e internacional”, Borja Golán, o que “fala da importancia do traballo e do esforzo diario para alcanzar as metas que un se propón”.

Deste xeito, Marta Míguez agradeceu á Real Federación Española de Squash a escolla de Galicia como sede do campionato e felicitou á entidade polo seu acerto, “porque todo evento deportivo celebrado na nosa comunidade é un rotundo éxito”.

Os 14 equipos que loitaron por acadar o título foron as seleccións masculinas de Galicia (A e B), Castela A Mancha (A e B), Castela e León, Andalucía, Asturias e País Vasco, ademais das seleccións femininas de Galicia (A e B), Castela e León, Asturias, Cataluña e País Vasco.

Vistas:  64

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds