Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

30.09.2017

A secretaria xeral para o Deporte destaca a “meteórica progresión” do Pulpo Extreme

Fai un repaso das cifras máis importantes do Pulpo Extreme recordando os máis de 150 representantes de tres continentes que se baterán durante estas cinco xornadas nas nove modalidades deportivas existentes como DHU (descenso urbano), skate, patíns en liña, quad (patín tradicional), BMX, scooter (patinete), graffiti, break dance ou DJing

Imprimir Atrás

Santiago, 30 de setembro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na mañá de hoxe na inauguración da sección indoor do Pulpo Extreme, o festival de cultura urbana e deportes extremos que se celebra durante o 28, 29, 30 de setembro e o 1 de outubro nas instalacións municipais de Oira. A máxima responsable do deporte galego asegurou que “tras o rotundo éxito dunha nova edición do Marisquiño chega o Pulpo Extreme disposto a superar con creces os 17.000 asistentes da súa primeira edición”. “Desde a Secretaría Xeral para o Deporte seguiremos apoiando este evento que continúa coa súa meteórica progresión un ano máis”, engadiu.

Nas súas verbas, Marta Míguez valorou eventos como o Pulpo Extreme que “demostran que a actividade física está chea de posibilidades e que todos os membros da nosa sociedade poden atopar o seu recuncho”. Ademais, falou da importancia deste tipo de festivais de deportes urbanos porque nos vindeiros Xogos Olímpicos de Toquio 2020 o skate será deporte olímpico.

A secretaria xeral fixo un repaso das cifras máis importantes do Pulpo Extreme recordando os máis de 150 representantes de tres continentes que se baterán durante estas cinco xornadas nas nove modalidades deportivas existentes como DHU (descenso urbano), skate, patíns en liña, quad (patín tradicional), BMX, scooter (patinete), graffiti, break dance ou DJing.

Vistas:  141

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds