Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

21.11.2017

A Secretaría Xeral para o Deporte mellora a súa aposta pola remodelación das infraestruturas deportivas de Galicia cun incremento do 23% nesa partida

Marta Míguez comproba a finalización das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal de Soutomaior (Pontevedra) financiadas pola Xunta de Galicia cunha achega de 15.000 euros

Imprimir Atrás

Soutomaior (Pontevedra), 21 de novembro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, supervisou esta mañá o estado final do pavillón municipal de Soutomaior (Pontevedra) tras as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia a tenor do convenio de cooperación asinado co concello pontevedrés. A máxima responsable do deporte galego salientou a importancia da coordinación entre as diferentes institucións públicas para acadar un mapa de infraestruturas deportivas renovado e que cubra á perfección as necesidades da poboación galega.

Neste sentido, segundo o acordo asinado o pasado 18 de setembro, a Secretaría Xeral para o Deporte subvencionou a reparación da cuberta do pavillón municipal cunha achega de 15.000 euros.

Marta Míguez apuntou que a Xunta de Galicia continuará apostando pola remodelación das infraestruturas deportivas de Galicia para que todos os galegos e galegas “poidan ter acceso a unhas instalacións renovadas e que isto redunde nun incremento da práctica deportiva e, por conseguinte, da saúde do noso pobo”. Cómpre sinalar que a Secretaría Xeral para o Deporte destinará no próximo 2018 unha contía de 2.983.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia, dos que 1.100.000 euros corresponden ao Capítulo 760 para as obras nas infraestruturas deportivas dos concellos de Galicia. O montante total destinado a obra propia e obras nas infraestruturas deportivas dos concellos aumenta un 23% con respecto ao destinado en 2017 (2.425.570 euros). 

Vistas:  92

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds