Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

23.11.2017

Marta Míguez destaca a “importancia capital” do patrocinio privado no deporte para “complementar a acción que realiza a Administración pública”

Respecto aos patrocinios de eventos deportivos, neste ano 2017 patrocináronse un total de 46 eventos cun investimento de 248.500 euros.
No tocante ao Plan de Patrocinio Publicitario de Equipos de Alta Competición de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte subvenciona a 166 equipos que reciben 2,4 millóns de euros, dos que Abanca achega o 30%

Imprimir Atrás

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, participou no serán de hoxe na sexta edición de Basket & Cheese, unha xornada sobre comunicación e debate organizada polo Monbus Obradoiro que nesta ocasión xirou en torno aos novos modelos de patrocinio. e apoio que realiza a Administración”. Marta Míguez fixo un chamamento “para animar a todas as empresas e entidades privadas a que aposten polo deporte, que invistan en deporte por axudar ao tecido deportivo, por rendibilidade ou por visibilidade, porque só se pode gañar apostando polos mellores”.

Así, a secretaria xeral apuntou que o patrocinio deportivo achega moitos valores positivos para as empresas como a visibilidade, a asociación cos valores deportivos e o prestixio de marca. “O deporte, como produto de consumo constitúe un obxecto económico moi atractivo no mercado de bens e servizos que supón unha actividade social con arraigo e convocatoria, asociada ao estado de benestar e á saúde. É unha fórmula xeradora de negocio polo seu enorme retorno, notoriedade e boa imaxe”, engadiu. Neste sentido fixo referencia a valores como a “xestión do tempo, a integración, o traballo en equipo, a superación ou a interacción social” que conforman unha imaxe que beneficia ás empresas patrocinadoras “xerando unha diferenciación coa competencia do mesmo sector ao tempo que melloran a sociedade na que viven”.

No que atinxe ao traballo da Xunta de Galicia no patrocinio deportivo, Marta Míguez destacou as dúas vías de patrocinio como o patrocinio de eventos deportivos e o dos equipos de alta competición.

Respecto aos patrocinios de eventos deportivos, neste ano 2017 patrocináronse un total de 46 eventos cun investimento de 248.500 euros. “En Galicia contamos cunha gran cantidade de eventos deportivos con gran sona nacional e incluso internacional que atraen a milleiros de participantes”, continuou.

No tocante ao Plan de Patrocinio Publicitario de Equipos de Alta Competición de Galicia, neste 2017 Secretaría Xeral para o Deporte subvenciona a 166 equipos que reciben 2,4 millóns de euros, dos que Abanca achega o 30%.

Do mesmo xeito e na conclusión do seu discurso, Marta Míguez falou do “vencello emocional” do patrocinio deportivo que “non ten a publicidade tradicional e ten un acceso preferencial a unha importante masa social moi sensible de escolares, mulleres, nais, pais, adultos, veteranos, voluntario e diferentes colectivos, polo que os medios de comunicación están tamén cada vez máis envorcados no fenómeno deportivo”.

Vistas:  88

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds