Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

24.11.2017

Marta Míguez comproba no Concello do Pino o estado do pavillón municipal tras a substitución da cuberta

A substitución da cuberta do pavillón municipal do Pino contou cun orzamento total de 68.579,75 euros dos que 40.000 euros foron achegados pola Secretaría Xeral para o Deporte e os restantes 28.579,75 euros correron a cargo do concello coruñés

Imprimir Atrás

O Pino (A Coruña), 24 de novembro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, visitou na mañá de hoxe o Concello do Pino para supervisar as obras levadas a cabo para a substitución da cuberta do pavillón municipal segundo o convenio asinado o pasado 22 de xuño entre a Xunta de Galicia e o concello coruñés. A máxima responsable do deporte galego volveu a facer referencia ao consenso e á coordinación que debe existir entre todas as administracións e entidades para acadar unha optimización dos recursos deportivos e por conseguinte, unhas instalacións deportivas mellores e máis preparadas.

A substitución da cuberta do pavillón municipal do Pino contou cun orzamento total de 68.579,75 euros dos que 40.000 euros foron achegados pola Secretaría Xeral para o Deporte e os restantes 28.579,75 euros correron a cargo do concello coruñés.

Cómpre sinalar que a Secretaría Xeral para o Deporte destinará no próximo 2018 unha contía de 2.983.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia, dos que 1.100.000 euros corresponden ao Capítulo 760 para as obras nas infraestruturas deportivas dos concellos de Galicia. O montante total destinado a obra propia e obras nas infraestruturas deportivas aumenta un 23% con respecto ao destinado en 2017 (2.425.570 euros).   

Vistas:  96

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds