Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

05.12.2017

A Secretaría Xeral para o Deporte publica a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2016 que nesta edición recoñecen a 18 premiados en 17 categorías

María Bernabéu foi elixida como a mellor deportista feminina e Cristian Toro como o mellor deportista masculino

Imprimir Atrás

Santiago, 5 de decembro de 2017.- A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2016 que se entregarán o vindeiro día 21 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2016, e distinguen este ano 17 categorías; aínda que, a proposta do xurado, outorgaranse dous premios ao mellor deportista masculino con discapacidade.

Lista de premiados:

-Mellor deportista feminina: María Bernabéu (judo)

-Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (triatlón)

-Mellor deportista masculino: Cristian Toro (piragüismo)

-Mellor deportista masculino con discapacidade: David Mouriz Dopico e Agustín Alejos Alonso (baloncesto en cadeira de rodas)

-Mellor equipo feminino: Club Halterofilia Coruña (halterofilia)

-Mellor equipo masculino: Hockey Club Liceo (hóckey patíns)

-Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Club Baloncesto Amfiv (baloncesto en cadeira de rodas)

-Mellor entidade na promoción do deporte de base: Victoria Club de Fútbol (fútbol)

-Mellor adestrador ou adestradora: Rosa García (patinaxe)

-Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Francisco Jorge García Romero (hóckey patíns)

-Mellor labor informativo: O Sil

-Mellor evento deportivo: Vuelta Ciclista a España (ciclismo)

-Mellor patrocinio deportivo: Pescados Rubén

-Mellor deportista revelación: Irene Blanco (halterofilia)

-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Marín

-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Votorantim

-Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Curros Enríquez de Celanova

Vistas:  973

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds