Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

31.01.2018

Marta Míguez asegura que a segunda edición de Sportur Galicia será “aínda mellor que a primeira” e centrará a súa atención no "negocio do turismo activo e no deporte escolar"

Refírese á compatibilidade de usos da pista cuberta de Ourense que “durante os primeiros cinco fins de semana que transcorreron desde a súa posta en marcha acolleu importantes competicións coa participación dos mellores atletas de Galicia e agora, o mesmo recinto acolle a décimo novena edición de Xantar, a única feira internacional de turismo gastronómico de España”

Imprimir Atrás

Ourense, 31 de xaneiro de 2018.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou no serán de hoxe na Noite do deporte do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2018 na que se presentou o II Salón do Deporte e Turismo Activo de Galicia ‘Sportur Galicia 2018’. No acto que tivo lugar en Expourense, a titular de Deporte Galego apuntou que esta segunda edición será “aínda mellor que a primeira” e que o salón "fará fincapé en áreas tan importantes como o negocio do turismo activo e o deporte escolar”. Cómpre lembrar que a segunda edición de Sportur terá lugar do xoves 15 de novembro ao sábado 17 de novembro e volverá a coincidir na mesma fin de semana coa Carreira Pedestre Popular do San Martiño que se celebrará o domingo 18 de novembro.

Nas súas verbas, Marta Míguez lembrou algunhas das cifras da primeira edición de Sportur Galicia que contou con máis de 10.500 visitas e máis de 120 expositores de turismo deportivo, activo e de natureza; alimentación saudable; parques multiaventura; moda deportiva; xestión deportiva e os clubs, federacións e colectivos deportivos que ocuparon un total de 32 expositores.

A secretaria xeral para o Deporte tamén falou sobre a pista cuberta de Ourense da que dixo que “segue a ter como bandeira a compatibilidade de usos”. “Durante os primeiros cinco fins de semana que transcorreron desde a súa posta en marcha, esta pista cuberta acolleu importantes competicións que contaron coa participación dos mellores atletas de Galicia e agora, o mesmo recinto acolle a décimo novena edición de Xantar, a única feira internacional de turismo gastronómico de España”, explicou.

Vistas:  208

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds