Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

08.02.2018

A secretaria xeral para o Deporte supervisa o estado do campo de fútbol municipal de Ares (A Coruña) tras a substitución da cuberta da bancada realizada pola Xunta e o Concello

O importe total das actuacións realizadas ao abeiro do convenio asinado entre Xunta e Concello o pasado 6 de setembro de 2017, ascende a 45.905,44 euros dos que a Secretaría Xeral para o Deporte achegou 35.000 euros e o concello os restantes 10.905,44 euros

Imprimir Atrás

Ares (A Coruña), 8 de febreiro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou na mañá de hoxe o concello coruñés de Ares para supervisar o estado final do campo de fútbol municipal tras as obras de substitución da estrutura da cuberta da bancada. Unha actuación que, como dixo a secretaria, foi “imprescindible para mellorar o uso desta instalación tan importante para a comarca que presentaba problemas de mantemento e acondicionamento”.

A máxima responsable do deporte galego asegurou que para a Secretaría Xeral para o Deporte as infraestruturas deportivas son unha prioridade e que neste exercicio 2018 continuarase con esta liña de reparacións e mellora da rede de instalacións deportivas de Galicia para acadar un mapa deportivo máis moderno e actualizado.

O importe total das actuacións realizadas ao abeiro do convenio asinado entre Xunta e Concello o pasado 6 de setembro de 2017, ascende a 45.905,44 euros dos que a Secretaría Xeral para o Deporte achegou 35.000 euros e o concello os restantes 10.905,44 euros. Marta Míguez valorou tamén a importancia da colaboración e coordinación entre as diferentes administracións galegas para conseguir actuacións conxuntas como esta que repercutan no beneficio de todos os galegos.

Vistas:  63

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds