Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

24.02.2018

Míguez clausura as XXVII Xornadas de AGAMEDE que “melloran a nosa calidade de vida grazas a posta en común das experiencias dos profesionais da medicina deportiva”

Manifesta o seu sentimento de “orgullo e agradecemento” ao afirmar que Galicia “é unha das comunidades máis puxantes no eido da medicina deportiva”

Imprimir Atrás

Portomarín (Lugo), 24 de febreiro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na mañá de hoxe na clausura das XXVII Xornadas da Asociación Galega de de Medicina do Deporte (AGAMEDE).

Alí destacou a importancia deste evento “no que se poñen en común todas as experiencias e coñecementos de médicos, fisioterapeutas, enfermeiros, licenciados en INEF, profesores de Educación Física, estudantes, preparadores físicos, masaxistas e deportistas para acadar unha mellora da medicina do deporte que nos beneficie a todos e a todas”. “Se sabemos como coidar aos nosos deportistas estaremos mellorando a calidade de vida dos nosos cidadáns e contribuíndo a unha mellor Galicia, máis activa e máis saudable”, engadiu.

Nas súas verbas manifestou o sentimento de “orgullo e agradecemento” ao afirmar que Galicia “é unha das comunidades máis puxantes no eido da medicina deportiva”. Neste sentido destacou aos dous últimos médicos do Celta e da selección española de fútbol: o xa finado e fundador de AGAMEDE, Genaro Borrás e Juan José García Cota.

As XXVII Xornadas da Asociación Galega de de Medicina do Deporte (AGAMEDE) celebráronse durante todo o día de hoxe na Casa do Pobo de Portomarín e tratáronse temas como a prevención de lesións, a nutrición, os recoñecementos médicos, a recuperación postcompetición, os seguros médicos, as emerxencias, a asistencia médica, a biomecánica ou o estudo de patoloxías comúns no deporte como a lumbalxia, as tendinopatías ou as lesións dos isquiotibiais.

Vistas:  166

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds