Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

09.03.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte insta á suspensión de todas as competicións deportivas ao aire libre na tarde do sábado nas provincias de Coruña e Pontevedra por mor do temporal

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de activar a alerta por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, tipoloxía de vento, indicando que se adopten as medidas preventivas necesarias

Imprimir Atrás

Santiago, 9 de marzo de 2018.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de activar a alerta por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, tipoloxía de vento, indicando que se adopten as medidas preventivas necesarias.

No caso dos ventos, agárdanse refachos de mais de 120 km/h que afectará a Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rias Baixas, Interior)esperándose que de comezo a partir das primeiras horas da tarde do sábado 10 de marzo de 2018 e remate ás 6 da maña do domingo 11 de marzo de 2018.

Por este motivo, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as competicións deportivas ao aire libre na tarde do sábado 10 de marzo de 2018 nas provincias de Coruña e Pontevedra.

Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso de vento e choivas a partir primeiras horas da tarde do sábado 10 de marzo de 2018.

A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.

No caso de precisar información máis puntual ou detallada, débese chamar ao CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

Vistas:  3076

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds