Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

16.03.2018

Marta Míguez inaugura as II Xornadas de Xestión Deportiva para Medianos e Pequenos Municipios que “contribúen á mellora do deporte galego en cada unha das súas vertentes”

Valora a importancia destas xornadas sobre as ferramentas dixitais de planificación e xestión, as novidades da contratación pública e da Lei de Espectáculos de Galicia, os plans de seguridade e autoprotección, así como as competencias dos municipios en materia deportiva

Imprimir Atrás

Santiago, 16 de marzo de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, vén de inaugurar as II Xornadas de Xestión Deportiva para Medianos e Pequenos Municipios, organizadas pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), que terán lugar no día de hoxe na Escola Galega de Administración Pública baixo o título ‘Cara unha xestión deportiva dixital e segura’.

A responsable da carteira de Deporte asegurou que “a formación, o traballo, a experiencia e a actitude contribúen á mellora do deporte galego en cada unha das súas vertentes”, polo que agradeceu a asistencia dos profesionais relacionados coa xestión deportiva.

Marta Míguez valorou a importancia destas xornadas nas que os participantes aprenderán sobre as ferramentas dixitais de planificación e xestión que favorecen o funcionamento dos servizos deportivos locais, as novidades da contratación pública e da Lei de Espectáculos de Galicia, os plans de seguridade e autoprotección, así como as competencias dos municipios en materia deportiva.

Nas súas verbas, a titular do Deporte galego gabou o traballo de AGAXEDE que, entre outras funcións, axuda a resolver as dúbidas e consultas dos xestores deportivos, recoñece o traballo ben feito neste campo cos premios á xestión deportiva e desenvolve formacións específicas para a actualización constante no sector.

Vistas:  233

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds