Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

05.08.2010

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE, DESTINA UN MILLÓN DE EUROS PARA SUBVENCIONAR A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO DEPORTIVO POR PARTE DE CLUBS DEPORTIVOS E FEDERACIÓNS.

· No DOG do día 30 de xullo publicáronse as bases da convocatoria.
· A Secretaría xeral para o deporte segue a incrementar ás axudas aos clubs.
· Con esta convocatoria, o apoio aos clubs neste ano 2010 chega aos 3,4 millóns de euros, logo dos 2,4 millóns de euros destinada aos 100 clubs galegos de alta competición.
· No mes de setembro publicarase a terceira liña de axudas na que se subvencionará a actividade deportiva desenvolvida polos clubs.

Imprimir Atrás

A Secretaría xeral para o deporte publicou no Diario oficial de Galicia do 30 de xullo, as bases da convocatoria de axudas a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para a adquisición de equipamento deportivo.

As solicitudes deberán dirixirse aos Servizo provinciais de deportes da Xunta de Galicia. O prazo remata o vindeiro 30 de agosto.

Poderán solicitar estas axudas os clubs inscritos no rexistro da Secretaría xeral para o deporte, as federacións deportivas galegas, así como as asociacións vinculadas a centros educativos que desenvolvan actividades deportivas con alumnos con algunha discapacidade.

As axudas poden chegar ao 90% do custe do equipamento, que non pode superar o importe de 24.000 € mais ive.

A convocatoria reflicte diferentes niveis de actuación e, entre outras, subvencionarase a adquisición de elementos específicos de competición como embarcacións de remo e piragüismo, así como equipamento para os ximnasios dos clubs ou para a adquisición de furgonetas para o transporte de deportistas.

A resolución da convocatoria efectuarase seguindo os criterios publicados no DOG, nos que se valorará o tipo de equipamento solicitado, a actividade deportiva desenvolvida pola entidade, así como as axudas xa recibidas en anos anteriores.

Bases convocatoria

Anexos

Vistas:  14222

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds