Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Secretario Xeral

Licenciada en Educación Física e Deporte, Marta Míguez Telle realizou ata unha vintena de cursos orientados á xestión de servizos públicos, administración e deporte. Ademais de diversos masters como o Máster de Dirección y Gestión de Entidades Deportivas (Vigo) e o Máster Universitario en Gestión Empresarial del Deporte.

Marta Míguez Telle destaca no ámbito deportivo polos seus cinco campionatos de España absolutos de xavelina (1998,1999, 2000, 2001, 2002) e os seus seis campionatos de Galicia absolutos de xavelina (1993,1997, 1998, 200, 2001, 2002).  Ademais posúe sete récords absolutos de Galicia e tres de España.

No panorama internacional, Marta Míguez Telle representou a España nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000 e conseguiu a medalla de prata nos Xogos Iberoamericanos de Guatemala (2002) e o bronce nos Xogos do Mediterráneo de Túnez (2001). No seu currículo figuran máis dunha vintena de eventos e encontros deportivos internacionais.

Ao longo da súa traxectoria profesional, ten ocupado os seguintes cargos:

  • Xerente do Consello Municipal de Deportes de Ourense do Concello de Ourense. Desde novembro de 2002 ata maio de 2007.
  • Coordinadora de Deportes do Consello Municipal de Deportes de Ourense do Concello de Ourense desde maio de 2007 ata decembro de 2016.

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds