Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)

A COMUNIDADE GALEGA CONTA CON 355 DEPORTISTAS RECOÑECIDOS COMO DE ALTO NIVEL

En xaneiro do ano 2004 púxose en marcha o procedemento para o recoñecemento dos Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN), co que se pretende recoñecer e apoiar aos deportistas máis destacados no ámbito nacional e internacional, incentivando a súa dedicación ao deporte de alto nivel.

Na actualidade Galicia conta con 373 deportistas (127 chicas e 246 chicos) recoñecidos como de alto nivel (DGAN) despois da RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2016.

Número actual de deportistas por modalidade deportiva

56 PIRAGÜISMO

37 TAEKWONDO

33 VELA

25 ATLETISMO

25 REMO

23 LOITA e D.A

16 HALTEROFILIA

15 PENTATLÓN MODERNO e TRÍATLON

13 AUTOMOBILISMO

12 NATACIÓN,

11 ORIENTACION  

15 JUDO e D.A

9 TIRO OLÍMPICO

8 SALVAMENTO E SOCORRISMO

7 CICLISMO e PATINAXE

5 SURF

4 BOXEO, ESGRIMA, KICKBOXING e TIRO CON ARCO

3 DEPORTE ADAPTADO, DEPORTES DE INVERNO, MOTOCICLISMO, MOTONÁUTICA, RUGBY, TENIS e XIMNASIA

2 BÁDMINTON, BILLAR, GOLF, HÍPICA, MONTAÑISMO e SQUASH

1 BALONMÁN, BALONCESTO, CAZA, FÚTBOL, PESCA,, TENIS DE MESA, VOLEIBOL,e XADREZ

A cualificación dos deportistas de alto nivel e os programas de beneficios que a estes se dirixen, regúlanse a través do Decreto 6/2004 do 8 de xaneiro.

Os deportistas que queiran ser recoñecidos como Deportistas de Alto Nivel deben:

- Estar empadroados nun concello galego.

- Ter máis de 16 anos.

- Ter licenza deportiva expedida por unha federación galega dende antes do 1 de xaneiro do ano anterior ao de presentación da solicitude.

- Non estar cumprindo sanción disciplinaria deportiva ou administrativa en materia deportiva.

- E acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade que practique.

Documentación a presentar :

1.- A solicitude orixinal, (Que se descarga mais abaixo, ver onde pon : Modelo de solicitude Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)), que debe vir asinada polo interesado e tamén selada e asinada pola Federación, debe presentala entre o 1 e o 30 de xuño ou durante todo o mes de novembro na Secretaria Xeral para o Deporte ou nos servizos provinciais ou por correo.(Neste caso é importante que na solicitude figure o selo de correos coa data na que foi enviada). Non terá validez enviala por fax ou por correo electrónico.

2.- Fotocopia do DNI.

3.- Certificado orixinal de empadroamento nun concello galego.

4.- Certificado orixinal de ter licenza deportiva expedida pola federación galega que corresponda dende antes do 1 de xaneiro do ano anterior ao de presentación da solicitude.

Os beneficios dos que gozan os e as Deportistas Galegos de Alto Nivel refírense ao eido educativo, ao laboral e ao económico. No ámbito educativo resérvanse unha porcentaxe de prazas nos estudos universitarios e de formación profesional, sen necesidade de obter una nota de corte, e tamén coa dispensación do cumprimento de requerimentos deportivos para o acceso ás titulacións de técnicos deportivos. No terreo laboral, a condición de Deportista Galego de Alto Nivel considérase un mérito avaliable nas probas de selección de prazas relacionadas coa actividade deportiva e convocadas polas administracións públicas. No aspecto económico pódese establecer un programa específico de axudas económicas para os e as Deportistas Galegos de Alto Nivel que cumpran os requerimentos deportivos que se soliciten nunha determinada convocatoria.

Actualmente son 355 os deportistas galegos/as que teñen o recoñecemento de DGAN.

Modelo de Solicitude Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)
Orde 30 Maio 2005 - Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)
Decreto 6 - 2004 Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)

Listado provisional subsanacion solicitudes axudas DGAN 2009

Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Xuño 2010 (DOG 15.02.2011)
Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Novembro 2010 (DOG 13.04.2011)

Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Xuño 2011 (DOG 16.04.2012)
Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Novembro 2011 (DOG 25.04.2012)

Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Xuño 2012 (DOG 27.11.2012)
Lista recoñecidos como DGAN - solicitudes Novembro 2012 (DOG 22.05.2013)

Lista de recoñecidos como DGAN- solicitudes Xuño 2013 (DOG 18.10.2013)

Corrección de erros Anexo III (DOG 30.10.2013)

Lista recoñecidos como DGAN - solicitudes Novembro 2013 (DOG 17.06.2014)

Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Xuño 2014 (DOG 22.08.2014)

Lista de recoñecidos como DGAN- solicitudes Novembro de 2014 (DOG 12.03.2015)

Corrección de erros (DOG 18.03.2015)

1ª Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Xuño 2015 (DOG 23.07.2015)
2ª Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Xuño 2015 (DOG 30.09.2015)

Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes novembro 2015 (DOG18.03.2016)

1ª Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes xuño 2016 (DOG 28.07.2016) 

2ª Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes xuño 2016 (DOG 29.08.2016)

AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS DE ALTO NIVEL 2016. SEGUNDA FASE: AXUDAS DGAN 2016.

 

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds