Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Plan de patrocinios

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE E O XACOBEO UNEN O SEUS ESFORZOS EN PRO DOS CLUBES GALEGOS

A Secretaría Xeral para o Deporte e o Plan de Xestión do Xacobeo unen os seus esforzos para por en marcha un plan histórico de apoio aos clubs de alta competición de Galicia que significa o investimento de máis de 2.300.000 euros e que beneficiará a máis dun centenar de entidades de toda a comunidade, que ademáis de ser as máis representativas na súa gran maioría soportan gran parte do deporte de base de Galicia.

Este plan é como consecuencia da decidida aposta polo deporte por parte da Xunta de Galicia e máis tendo en conta a situación económica actual que provocou que moitos destes clubs quedáronse sen patrocinios privados e tamén falta de financiamento por parte das entidade bancarias, polo que a Secretaría Xeral esfourzouse para levalo a cano antes de que conluya este ano.

É a primeira vez que o Xacobeo segue criterios obxectivos e iguala a todas as modalidades para patrocinar aos clubs e grazas á implicación da Secretaría Xeral para o Deporte crease un plan ambicioso que no mes de setembro foi explicado a todos os clubs que nunha primeira fase asinarán os contratos de sponsorización antes de que conclúa este ano e na primeira quincena do mes de xaneiro cobrarán o 60 por cento das cantidades previstas.

Outro dos aspectos importantes do plan é que os acordos son a través de contratos publicitarios debido ao interese da Secretaría Xeral para o Deporte de simplificar ao máximo o procedemento de concesión de subvencións, garantindo que se cumpran as obrigacións establecidas na Lei de Subvencións e na Lei de contratos do sector público.

Os clubs foron divididos en dous grupos. Un primeiro formado polos clubs que compiten en ligas regulares que xa están en marcha como é o caso do baloncesto, balonmán, fútbol sala, fútbol, hockey herba ou hockey patíns, mentres que un segundo está integrado polo equipos que participan en competicións que non teñen un sistema regular como é o caso do ciclismo ou aqueles que toman parte en ligas que aínda non comezaron como o remo. Estes equipos non puntuarán na convocatoria ordinaria de axudas da Secretaría xeral para o Deporte no ano 2010, polo que se librará máis diñeiro para o resto de entidades.

 

Os clubes galegos de alta competición promocionarán o Xacobeo no ano 2010

No inicio galego do Camiño de Santiago inglés o Xacobeo e a Secretaría Xeral para o Deporte firman un acordo histórico

Aplicación da identidade corporativa DEPORTE GALEGO + XACOBEO para os clubes deportivos

 

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 348 / 353 Fax: 881 996 356

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds