Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Escola Galega do Deporte

Escola galega do deporte

UNHA ESCOLA DE FORMACIÓN DO DEPORTE

A Escola pertence á Secretaría Xeral para o Deporte, e ten entre outras funcións a de promover e autorizar as ensinanzas deportivas no período transitorio que desenvolven as federacións deportivas galegas, conducentes á obtención do diploma de adestrador deportivo de Nivel I, II ou III do deporte correspondente.

Outra importante función da Escola é o deseño de programas de actuacións formativas puntuais que se desenvolverían con formatos diversos como xornadas, seminarios ou congresos ao respecto de temas concretos relacionados co deporte,

A Lei  xeral do deporte de Galicia fala de que a Administración autonómica elaborará os programas das ensinanzas de técnicos de acordo coas competencias que lle corresponden á comunidade autónoma, e que establecerá os programas de formación e perfeccionamento de técnicos en materia deportiva en colaboración coas federacións deportivas galegas. Neste mesmo capítulo descríbese á Escola Galega para o Deporte como o centro reitor das ensinanzas deportivas no ámbito de Galicia e tamén o centro de documentación deportiva.

A Escola Galega do Deporte está autorizada para impartir o bloque común das actividades de formación deportiva (ORDE do 18 de xullo de 2017)

Proba de conxunto de Piragüismo – xullo 2017

RESOLUCIÓN do 8 de agosto da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publica a lista de admitidos á proba de conxunto de piragüismo, para a incorporación ao período transitorio das formacións deportivas federativas entre os anos 2002 e 2007

Resolución do 3 de xullo Corrección de erros na lista de admitidos e excluídos á proba de conxunto de piragüismo que modifica a resolución do 29 de xuño.

Resolución do 29 de xuño, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publica a lista de admitidos e excluídos á proba de conxunto de piragüismo, para a incorporación ao período transitorio das formacións deportivas federativas entre os anos 2002 e 2007 e o tribunal avaliador da proba.

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convoca a proba de conxunto de piragüismo, para a incorporación ao período transitorio das formacións deportivas federativas realizadas pola Federación Galega de Piragüismo entre os anos 2002 e 2007.

Resolución do 18 de agosto, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publica a relación provisional de puntuacións da proba de conxunto de piragüismo, para a incorporación ao período transitorio das formacións deportivas federativas entre os anos 2002 e 2007

Modelo de pago de taxas para a proba de conxunto de Piragüismo

Enlace ao pago telemático de taxas

Modelo de solicitude para a participación na proba de conxunto de Piragüismo

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds