Deporte Galego - Secretaría Xeral para o Deporte Deporte para toda a vida

13.12.2017

Marta Míguez presenta no CGTD a 16ª edición do HQR! como a gran festa do deporte base na cidade de Pontevedra

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerá boa parte das actividades que levarán a cabo máis de 5.000 nenos e nenas nos 34 deportes dispoñibles durante as cinco xornadas que van do 20 ao 27 de decembro

Imprimir

Pontevedra, 13 de decembro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, participou no día de hoxe na presentación da décimo sexta edición da festa HQR! organizada polo Diario de Pontevedra e dedicada ao deporte base na cidade do Lérez. Nesta ocasión, a presentación tivo lugar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ao que a secretaria xeral se referiu como “a casa da excelencia deportiva de Galicia” e que acollerá boa parte das actividades que levarán a cabo máis de 5.000 nenos e nenas nos 34 deportes dispoñibles durante as cinco xornadas que van do 22 ao 27 de decembro, “unha réplica das antigas Olimpíadas gregas, emulando a aqueles intrépidos deportistas”.

Do mesmo xeito, nas súas verbas, Marta Míguez recoñeceu a “colaboración inestimable” dos 200 voluntarios que axudarán a que este 16º HQR! sexa unha realidade e valorou a importancia do premio Almansa que recoñece o gran mérito daquelas persoas “que se adican con entusiasmo a fomentar a práctica deportiva sendo un exemplo de traballo e implicación para todos os demais”. Así tamén, a secretaria xeral recordou que HQR! xa conta coa Distinción ao Mérito Deportivo 2015, da Xunta de Galicia.

Cara o final do seu relatorio, a titular de Deporte felicitou ao Diario de Pontevedra por “organizar accións coma esta” xa que “é o xeito de inducir ou convidar á formación dos máis pequenos a través do deporte, e de poñer á súa disposición un gran número de alternativas saudables para realizar no seu tempo de lecer e ao longo de toda a vida”.

Vistas:  136