Deporte Galego - Secretaría Xeral para o Deporte Deporte para toda a vida

22.12.2017

A Xunta ofrece as instalacións da AGASP para as concentracións dos deportistas de alto nivel galegos Escoitar

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitaron hoxe as instalacións acompañados de representantes das federacións deportivas galegas

Imprimir

A Estrada (Pontevedra), 22 de decembro de 2017.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, avanzaron hoxe que a Administración autonómica está a ultimar un convenio para que os deportistas de alto nivel poidan concentrarse na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Rueda e Míguez acompañaron hoxe a representantes das federacións deportivas galegas a unha visita polas instalacións que a AGASP ten no concello pontevedrés da Estrada, e que contan con recursos como residencia, ximnasio, sala de tatami, ou pistas exteriores.

A AGASP tense convertido nun centro de referencia a nivel estatal, e cada ano vai ampliando o seu uso, así como os colectivos que se poden beneficiar dos seus recursos e actividades.

A Academia oferta formación a bombeiros, Policías Locais, Protección Civil ou GES. Ademais, mantén colaboracións coa iniciativa privada, con universidades, coa Policía Nacional ou a Garda Civil. En definitiva, aposta pola formación de calidade para todos aqueles corpos que teñen que ver coa seguridade ou as emerxencias.

Agora, coa colaboración que se vai abrir cos deportistas galegos, a AGASP continúa mellorando o seu abano de actividades, optimizando o seu uso e reafirmándose como un centro de referencia a nivel estatal.

Vistas:  267