Deporte Galego - Secretaría Xeral para o Deporte Deporte para toda a vida

13.03.2018

Marta Míguez asegura que o Primeiro Congreso Nacional de Protocolo e Organización de Eventos Deportivos posibilita que Galicia e España sigan sendo referentes neste ámbito

O Congreso ten lugar na Casa da Cultura de Noia desde hoxe ata o vindeiro xoves día 15 e conta con 200 asistentes que poderán desfrutar das conferencias de persoeiros como o presidente da Asociación Española de Protocolo, Juan Ángel Gato ou os deportistas, Javier Gómez Noya, Javier Fernández ou Óscar Pereiro

Imprimir

Noia (A Coruña), 13 de marzo de 2018.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, inaugurou na mañá de hoxe o Primeiro Congreso Nacional de de Protocolo e Organización de Eventos Deportivos que ten lugar na Casa da Cultura de Noia desde hoxe ata o vindeiro xoves día 15 e que conta con 200 asistentes que poderán desfrutar das conferencias de persoeiros como o presidente da Asociación Española de Protocolo, Juan Ángel Gato ou os deportistas, Javier Gómez Noya, Javier Fernández ou Óscar Pereiro.

Nas súas verbas, a máxima responsable do deporte galego agradeceu a asistencia de todos os participantes xa que as súas “ganas de aprender e de poñerse ao servizo do traballo ben xestionado, eficaz, sostible e seguro” posibilita que “Galicia e España sigan sendo referentes en xestión e organización de eventos deportivos e tamén en protocolo deportivo”.

No seu relatorio, a titular de Deporte galego lembrou que o deporte “esixe constante formación para aprender e mellorar xa que o deporte representa unha realidade cambiante”. Ese é o caso, dixo, do protocolo deportivo, “unha formación necesaria porque cada un de nós que representamos a unha institución debemos ocupar o lugar que a cada un lle corresponda”.

Por estes motivos e pola escolla dos temas a tratar neste congreso -Xogos Olímpicos, seguridade, turismo deportivo, promoción privada ou a Lei do Deporte entre outros-, Marta Míguez felicitou ao Concello de Noia e asegurou que “cada vez necesítanse unha maior actualización, formación específica e traballo meticuloso que redunden na mellora do deporte en todas as súas versións e vertentes”.

Vistas:  173