Deporte Galego - Secretaría Xeral para o Deporte Deporte para toda a vida

24.04.2018

A Secretaría Xeral para o Deporte asina o convenio de colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e completa a sinatura dos acordos coas 58 federacións deportivas

A Secretaría Xeral para o Deporte concédelle á Federación Galega de Piragüismo unha subvención por un importe máximo de ata 266.824 euros para a realización dos seus respectivos programas de promoción deportiva para a anualidade 2018

Imprimir

Santiago, 24 de abril de 2018.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, e o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea, asinaron esta mañá na sede da Secretaría Xeral o convenio de colaboración entre as dúas entidades para a realización das actuacións, actividades, funcións e tarefas que, conforme a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, asumen as federacións deportivas en réxime de exclusividade. Segundo o convenio, a Secretaría Xeral para o Deporte concédelle á Federación Galega de Piragüismo unha subvención por un importe máximo de ata 266.824 euros para a realización dos seus respectivos programas de promoción deportiva para a anualidade 2018. Cómpre lembrar que, ademais, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Piragüismo asinarán nas vindeiras datas o convenio para levar a cabo as actividades de mantemento, conservación e funcionamento do campo de regatas David Cal en Verducido, Pontillón do Castro (Pontevedra), por un importe de 105.000 euros.

Con esta sinatura, a Secretaría Xeral para o Deporte xa ten asinados os convenios de colaboración coas 58 federacións deportivas de Galicia que, neste ano 2018, contan cun importe de 3.577.086 euros, rexistrando un aumento do 7% con respecto ao ano pasado cando se destinaron 3.345.216,20 euros.

Os 3.577.086 euros distribúense tendo en conta criterios obxectivos de cada federación como os gastos de funcionamento, os ingresos declarados nas contas anuais e as subvencións públicas recibidas, a posesión dun local público, propio ou en alugueiro, o número de asociados, o número total de licenzas de deportistas nas categorías base, o número total de licenzas de deportistas do xénero menos representado, o número total de licenzas de deportistas discapacitados, o número de clubs participantes en competicións do calendario oficial da federación, competicións oficiais internacionais, organización de campionatos galegos, número de campionatos de España oficiais organizados, organización de campionatos de España por seleccións autonómicas, organización de competicións oficiais internacionais, deportistas que formen parte da selección española, resultados por competicións oficiais, carácter olímpico da modalidade deportiva, resultados en campionatos de España de seleccións autonómicas, número de deportistas galegos de alto nivel ou deportistas de alto nivel, actuacións de formación na última tempada, valoración técnica da memoria deportiva de tecnificación, outras actividades de promoción e fomento da modalidade con especial interese nas actividades en idade escolar (onde se inclúen as arbitraxes do Xogade) e os proxectos de especial relevancia presentados por cada federación.

Vistas:  225