Deporte Galego - Secretaría Xeral para o Deporte Deporte para toda a vida

15.06.2018

Marta Míguez destaca a Galicia e Ourense como “grandes representantes do xadrez internacional” polos seus deportistas e campionatos

Na inauguración das ‘I Xornadas Internacionais de xadrez con Iván Salgado’ que se desenvolverán ata o domingo

Imprimir

Ourense, 15 de xuño de 2018.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada pola delegada territorial da Xunta na provincia, Marisol Díaz, participou na mañá de hoxe na inauguración das ‘I Xornadas Internacionais de xadrez con Iván Salgado’ que se desenvolverán ata o domingo. Alí, a responsable do deporte galego situou a Galicia e Ourense como “dous destinos de deporte e de xadrez porque son grandes representantes do xadrez internacional”.

Nesta liña destacou a figura do campión de España absoluto, Iván Salgado; o Campionato de España en Idade Escolar de xadrez que se celebra por terceiro ano consecutivo en Padrón; e polos outros tres medallistas nacionais cos que conta o Club Xadrez Ourense e que participarán no torneo relámpago que terá lugar o domingo, Yudania Hernández (bronce nacional feminino), Xacobe Conde (prata nacional alevín) e Martín Gómez (bronce nacional infantil).

No seu relatorio, Míguez valorou a primeira edición dunhas xornadas nas que haberá “conferencias, exhibicións, encontros internacionais... unha ampla programación dedicada a todos os públicos para que maiores e pequenos se sintan atraídos por este gran deporte”.

Vistas:  86