Deporte Galego - Secretaría Xeral para o Deporte Deporte para toda a vida

22.06.2018

Marta Míguez destaca a segunda edición da Semana da Vela Galega como un “gran evento que enche a nosa terra de deporte, actividade, visitantes, curiosos e turismo”

Nesta segunda edición da Semana Galega da Vela desputaranse cinco títulos galegos oficiais, as Copas Galicia de Optimist, 420, Vaurien, Láser e Windsurf. Ademais tamén se inclúen no programa o Campionato Ibérico da clase Finn, polo que será unha Semana Internaciona e unha proba de Radio Control, puntuable autonómica

Imprimir

Vigo, 22 de xuño de 2018.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presentou esta mañá no peirao de Bouzas a segunda edición da Semana da Vela Galega como un “gran evento que enche a nosa terra de deporte, de actividade, de visitantes, de curiosos e de bos prognósticos para o turismo”. Do 13 ao 15 de xullo daranse cita no Centro Galego de Vela uns 200 participantes.

Nas súas verbas, a responsable do Deporte galego valorou á vela galega como un gran aliado para Galicia á que posiciona internacionalmente “mapa olímpico grazas ás catro medallas de ouro que temos no noso palmarés”. Ademais destacou a formación de base ben definida no Centro Galego de Vela de Vilagarcía, as máis de 2.000 licenzas federativas de Galicia, o convenio de colaboración polo que a Xunta implantou por primeira vez en Galicia as ensinanzas de vela nun centro educativo público, ou o Xogade que conta co programa ‘Xogando co vento’ para achegar aos escolares galegos a un medio tan importante como é o mar.

Nesta segunda edición da Semana Galega da Vela desputaranse cinco títulos galegos oficiais, as Copas Galicia de Optimist, 420, Vaurien, Láser e Windsurf. Ademais tamén se inclúen no programa o Campionato Ibérico da clase Finn, polo que será unha Semana Internaciona e unha proba de Radio Control, puntuable autonómica.

Vistas:  85