Axenda

Cto. do Mundo de Enduro

Data: 
desde Ven, 10/05/2019 - 18:00 ata Dom, 12/05/2019 - 15:30

A terceira proba do Cto. do Mundo de Enduro 2019 celébrase en Santiago

Un mes despois de que a temporada comezase en Alemaña o paddock de Enduro GP trasladase á segunda proba do xa tradicional periplo ibérico. A segunda cita será en Santiago de Compostela, despois da poba de Valpaços (Portugal).
Por segunda vez o FIM Maxxis Enduro World Championship, O Gran Premio de España será organizado por Moto Club Movete Na Moto de Lalín coa axuda das federacions FIM, RFME e FGM.
Para a ocasión o club MNM vai marcar un excelente percorrido de 70 km por volta nos arredores da cidade de Santiago de Compostela ao que os participantes deberán dar 3 voltas cada día. O paddock e as oficinas de carreira estarán ubicadas no estadio de San Lázaro. O venres abrirase co Super Test e o Xtreme Test tamén na inmediacions do estadio. O Supertest consiste nunha pequena crono de minuto e medio na que os participantes terán que sortear obstáculos artificiais e naturais. Con estas especiais buscase achegar o Enduro a zonas urbanas, onde os espectadores menos expertos teñen unha ocasión perfecta para achegarse a ver unha proba de Enduro.
Os próximos dous días sábado e domingo os corredores deixarán o parque fechado para facer o rally, de aproximadamente 70 km nos montes arredor de Santiago. O percorrido ten uns controis horarios que os pilotos teñen que cumprir para non ser penalizados. No medio deste percorrido encontraranse coas especiais cronometradas situadas no parque industrial de A Sionlla. Estas especiais soen ser determinantes na clasificación final. Son probas feitas en obstáculos naturais, na que os pilotos saindo de un en un, loitarán contra o crono para ver quen para antes o cronometro. Alí os espectadores poderán disfrutar do espectacular cross test e do enduro test. Calculase cos pilotos tardarán entre 8 e 10 minutos en completar as probas especiais, que serán determinantes para las clasificacions finais. A suma destes tempos serán os que determinen a clasificación.

A proba está incluida dentro do calendario oficial da Federación Internacional de Motociclismo do ano 2019.
O calendario internacional de Enduro de 2019 conta con 7 probas en todo o mundo, o G.P. DE ESPAÑA, será a terceira deste calendario.
Esta é a sexta edición consecutiva do Enduro de Santiago de Compostela, e por segunda vez, valedeira para Campionato do Mundo.

Lugar: 
Multiusos San Lázaro
Parque industrial A Sionlla
Santiago A Coruña
Documentos
Horarios (488.65Kb)
Ligazóns