Axenda

Fase Final 1º División Masculina - Federación Galega de Baloncesto

Data: 
desde Sáb, 04/05/2019 - 18:00 ata Dom, 05/05/2019 - 19:30

Unha praza de ascenso á Liga EBA ponse en xogo esta fin de semana. Unha 1º División Masculina da Federación Galega de Baloncesto que xa coroou a Obradoiro Silleda como o seu líder, busca agora ao seu subcampión, enfrontando en Ferrol (Pavillón Javier Gómez Noya) aos catro equipos clasificados entre o 2º e 5 posto na liga regular e con Club Baloncesto Costa Ártabra como anfitrión. 

Fase Final 1º División Masculina

Organiza Baloncesto Base Costa Ártabra

Semifinais - 04/05/2019

(18.00 h) BBCA Castelo San Felipe – Universitario Campus Ourense (X)

(20.00 h) TOP QUALITY CARS Cambre – CALVO Basquet Xiria (Y)

Final - 05/05/2019

(17.00 h) Gañador X – Gañador Y (Retransmisión en directo Vía FEGABATV)

Lugar: 
Rúa Pardo Bazán, 2017
Ferrol A Coruña