Axenda

II Día do Adestrador Galego: Programa Completo

Data: 
Dom, 09/06/2019 - 09:00

A Federación Galega de Baloncesto presenta o dossier completo de actividades e relatorios que se vivirán o vindeiro domingo, 9 de xuño; en A Coruña no marco do “II Día do Adestrador Galego”.

 

Coa colaboración de Básquet Coruña e oSporting Club Casino; A área deportiva da Federación Galega de Baloncesto, baixo a organización neste caso de Antonio Pérez Caínzos; ofrecerá a todos os adestradores galegos unha oportunidade de luxo para compartir aprendizaxe, experiencias e un prezado tempo con compañeiros e compañeiras galegos e de ámbito nacional e internacional, todos eles cun punto en común: a súa valiosa traxectoria. Para coñecer a indentidade de todos eles, así como os horarios específicos para cada actividad ou relatorio no que participarán, remitimos o indicado Dossier completo para a súa descarga. 

Inscrición 
O proceso para poder darse de alta e participar no “II Día do Adestrador Galego” permanece aberto e así o fará ata as 13.00 h do 5 de xuño. Os requisitos a cumprir para executar o mesmo pasan por abonar o custe da xornada (38 €, incluindo o xantar no Restaurante Boavista, situado no propio Sporting Club Casino) na conta bancaria: IBAN ES96 - 2100/1455/14/0200227406.
Posteriormente será preciso enviar xustidicante deste ingreso a adestradores@fegaba.com cos datos persoais.

Agardámosvos a tod@s en A Coruña!

#IIDiaDoAdestrador
Data: 09/06/19
Sede: SPORTING CLUB CASINO (A Coruña)
Colaboran: Sporting Club Casino A Coruña e Básquet Coruña.

Lugar: 
Sporting Club Casino - A Coruña
A coruña A Coruña