Axenda

Torneo Zonal de Tenis de Mesa do Noroeste de España

Data: 
desde Ven, 01/11/2019 - 09:00 ata Dom, 03/11/2019 - 21:00

Os próximos días 1-3 de novembro de 2019 vaise disputar en Lalín Silleda (Pontevedra) o Torneo Zonal de tenis de mesa correspondente ás comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela-León e País Vasco, clasificatorio para o Torneo Estatal.

Na presente edición bateuse un récord de inscricións con 500 participantes nas seguintes categorías: Benxamín, Alevín, Infantil, Xuvenil, Sub-23, Sénior, Vet 40, Vet 50, Vet 60, Discapacitados.

Os 8 primeiros de cada categoría conseguirán a clasificación para disputar o Torneo Estatal.

Lugar: 
Av. Recinto ferial, 16
Silleda Pontevedra
Documentos