Convocatorias
21/09/2021

PLAN DE PATROCINIO FEMININO 2021

O 19 de maio de 2021 asinouse o acordo de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. En dito acordo acordaronse o desenvolvemento de campañas específicas contra a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes en espazos deportivos, que deben ser desenvoltas pola Fundación Deporte Galego. A estes efectos, na loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes, e tendo en conta tamén o impacto destes clubs nos medios de comunicación, nos espazos deportivos, e nas redes sociais, e, en particular, respecto das nenas e nenos, adolescentes e mocidade, que son destinatarios principais das medidas do Pacto de estado contra a violencia de xénero, a Fundación Deporte Galego co apoio da Consellería de Emprego e Igualdade pon en marcha a segunda edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de Máximo nivel Estatal de Galicia 2021.