Eu son DGAN

Presentación
O programa Eu son DGAN nace da constante preocupación polos deportistas da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, desde que accedeu ao seu cargo.
A súa experiencia cando tivo que abandonar o deporte de alta competición permitiulle decatarse de que o paso do deporte de alto nivel ao mercado laboral non era fácil. Por iso sente a necesidade de facer todo o posible para que ese paso do mundo do deporte ao mundo laboral lles sexa máis doado aos nosos e ás nosas deportistas.
O programa Eu son DGAN é unha iniciativa que quere chegar a todas e todos os deportistas de alto nivel de Galicia, aos de hoxe, aos de mañá pero tamén aos de onte, a aqueles que nalgún momento foron DGAN.
Para levar a cabo esta iniciativa contamos cun grande aliado, a Fundación ONCE e as súas entidades de intermediación laboral Ilunion Empleo e Inserta Empleo.
Que é?
O programa Eu son DGAN, financiado nun 82% pola Secretaría Xeral para o Deporte e nun 18% pola ONCE, procurará a integración laboral das e dos deportistas galegos/as de alto nivel unha vez acabada a súa vida deportiva, traballando previamente na compensación das dificultades que a práctica do deporte de alta competición pode causar na formación e na integración laboral dos/as deportistas.
A quen vai dirixido?
A todos os deportistas de alto nivel de Galicia, aos que ostentan o devandito recoñecemento ou o tiveron no seu momento.
Como funciona?
O programa funciona da seguinte maneira:
- En primeiro lugar realizarase un contacto telefónico coas e cos deportistas galegos de alto nivel por medio das técnicas do programa (Marina e Marta) para explicarlles o funcionamento do mesmo, interesarse pola súa situación laboral e pola súa intención de participar ou non no programa.
- Concrétase unha primeira entrevista para traballar coa ou co deportista en procura da súa inserción laboral utilizando para iso distintas ferramentas de información, orientación, asesoramento e formación, esta última dirixida a axustar o perfil de cada deportista ás demandas laborais específicas das empresas.
- Concretaranse sucesivas entrevistas de orientación e seguimento nas cidades máis próximas ao domicilio da e do deportista para definir a súa situación actual, ben para xerarlle oportunidades de emprego poñéndoa en contacto coas empresas, ben traballando na formación previa para optar ás devanditas oportunidades. Unha vez que a/o deportista se converte en “candidata/o”, fáiselle entrega do dossier personalizado que inclúe o currículo e unha carta de presentación personalizada asinada pola secretaria xeral para o Deporte.
- Paralelamente ás actuacións anteriores, levarase a cabo unha captación de empresas para participar no programa Eu son DGAN e visitaranse estas para valorar os postos de traballo máis adecuados ás e aos deportistas incorporados/as ao programa. Posteriormente selecciónanse as e os deportistas interesados/as nos postos de traballo ofertados e fáiselles entrega do currículo personalizado para que, previa preparación, asistan a unha entrevista coa empresa, de ser o caso, acompañados por algún técnico do programa.
- Finalmente, faise un dobre seguimento coa empresa e coas e cos deportistas, que no caso de volver á situación de desemprego, serán preparados/as para ser “candidatas ou candidatos” a outro posto.
Contacto
O contacto cos/as deportistas galegos/as de alto nivel levarase a cabo en dúas fases:
- 1ª Fase: deportistas que teñan en vigor o recoñecemento de DGAN e sexan maiores de idade
- 2ª Fase: deportistas que tiveron no seu momento o recoñecemento de DGAN
Se es deportista galego/a de alto nivel e estás interesada/o en incorporarte ao programa, envía ao equipo do programa un correo electrónico achegando nun documento:
- o teu nome
- a especialidade deportiva na que compites
- os méritos deportivos que te acreditan como DGAN
Equipo do programa Eu son DGAN | |||
Técnica/o | Pontevedra/Ourense | A Coruña/Lugo | DGAN con discapacidade |
Marina Mirás Posada | Marta Varela Otero | Berta Gómez López | |
Teléfonos | 663 008 410 | 663 008 405 | 662 915 769 |
Correo electrónico | mmiras@ilunion.com | mavarela@ilunion.com | bgomezl.inserta@fundaciononce.es |
Inserta Santiago | 981 554 483 | ||
Sede |
Escola Galega de Administración Pública |
Cantón Grande 3, 15003 A Coruña |
|
Horario de atención ao público | 9:00 - 15:00 16:00 - 18:00 |