Nova
12/07/2021
Federativas

Iago Domínguez Álvarez finalista do III RPT Marca Junior Cup U18 2021

O xogador con licenza polo Club de Tenis de Pontevedra, Iago Domínguez Álvarez, conseguiu ser finalista do III RPT Marca Junior Cup U18 2021, celebrado do 3 ao 11 de xullo na Academia de Tenis Ferrer de Alicante.

Iago partiu de cabeza de serie número 5. Gañou a A. Kaczmarek por 6-3 1-6 [10-5] na primeira rolda e a S. Pérez León 62 36 [10-5] na segunda.

Nos cuartos de final, o pontevedrés remontou o seu encontro contra o cuarto cabeza de serie J. Ramos Barroso 16 61 [10-6] e en semifinais gañou a X. Calduch Cherta por 6-1 6-3.

Na final non conseguiu vencer a Iker Sevilla Pérez, xogador número 97 do ranking nacional, o resultado 6-4 6-4.