Nova
08/11/2019
Institucionais

A Secretaría Xeral para o Deporte publica a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2018 que nesta edición recoñecen a 22 premiados en 18 categorías

Ana Peleteiro foi elixida como a mellor deportista feminina e Tono Campos como o mellor deportista masculino

Santiago, 8 de novembro de 2019.- A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2018 que se entregarán o vindeiro día 28 de novembro no Auditorio Municipal de Lalín. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2018, e distinguen nesta ocasión a 22 premiados nas 18 categorías. Cómpre destacar a inclusión como novidade do premio ao xogo limpo.

 

Lista de premiados:

 

-Mellor deportista feminina: Ana Peleteiro Brión (atletismo)

 

-Mellor deportista feminina con discapacidade (ex aequo): Susana Rodríguez Gacio (triatlón) e Desirée Vila Bargiela (atletismo)

 

-Mellor deportista masculino: Manuel Antonio Campos García (piragüismo)

 

-Mellor deportista masculino con discapacidade: Francisco Pérez Carrera (atletismo)

 

-Mellor equipo feminino (ex aequo): Pescado Rubén FS Burela (fútbol sala) e Atlético Guardés (balonmán)

 

-Mellor equipo masculino: Martin Wizner e Pedro Ameneiro (vela)

 

-Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Fundación Celta Integra (fútbol)

 

-Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Balonmán Lalín (balonmán)

 

-Mellor adestrador ou adestradora: Xulio José Conde Blanco (ciclismo BTT)

 

-Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Zulema González González (fútbol)

 

-Mellor labor informativo: Convivir Deportivo (CRTVG)

 

-Mellor evento deportivo: Campionato do Mundo Cadete de Xadrez (Santiago de Compostela)

 

-Mellor patrocinio deportivo: Estrella Galicia

 

-Mellor deportista revelación (ex aequo): Malena Mieres García, Teresa Abelleira Dueñas e Nuria Rábano Blanco (fútbol)

 

- Premio ao xogo limpo: Martín Liste Viaño (atletismo)

 

-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: ‘100.000 motivos de peso’ (Narón)

 

-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: JIM Sport

 

-Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Plurilingüe Tirán