Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)



A COMUNIDADE GALEGA CONTA CON 409 PERSOAS DEPORTISTAS RECOÑECIDAS COMO DE ALTO NIVEL

En xaneiro do ano 2004 púxose en marcha o procedemento para o recoñecemento dos Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN), co que se pretende recoñecer e apoiar aos deportistas máis destacados no ámbito nacional e internacional, incentivando a súa dedicación ao deporte de alto nivel.

Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro,polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes.

Orde do 30 de maio de 2005 pola que se establecen os criterios para o recoñecemento dos deportistas galegos de alto nivel, en desenvolvemento do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro.

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se aproba o modelo de solicitude para o recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel.

Está dispoñible en sede electrónica o procedemento PR948A para a solicitude do recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel.

Modelos de solicitude de RECOÑECEMENTO DA CONDICIÓN DE DEPORTISTA GALEGO/A DE ALTO NIVEL

Anexo I. Solicitude

Anexo II. Certificación de datos da federación deportiva

___________________________________________________________________________________________________

Despois da primeira fase do procedemento de xuño de 2018, Galicia conta con 409 deportistas recoñecidos como deportistas galegos/as de alto nivel. Pode consultarse a listaxe na RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2018, así como as solicitudes desestimadas e a causa.

___________________________________________________________________________________________________


26.4.2018 - Despois da resolución de recursos presentados ao procedemento de novembro de 2017 Galicia conta con 383 deportistas, 143 mozas e 240 mozos, recoñecidos como de alto nivel, DGAN. A relación previa á resolución dos recursos pódese consultar na RESOLUCIÓN do 01 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2018, así como as solicitudes desestimadas e a causa.


_______________________________________________________________________


Despois da segunda fase do procedemento de xuño de 2017 Galicia conta con 356 deportistas recoñecidos como deportistas galegos/as de alto nivel. Pode consultarse a listaxe na Resolución do 9 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2017, así como as solicitudes desestimadas e a causa.


  ________________________________________________________________________


Despois da primeira fase do procedemento de xuño de 2017 Galicia conta con 354 deportistas recoñecidos como deportistas galegos/as de alto nivel. Pode consultarse a listaxe na Resolución do 13 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2017, así como as solicitudes desestimadas e a causa.


    ________________________________________________________________________



© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
EGAP - Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), 2ª andar - 15781 Santiago de Compostela - TLF. 881 996 342 Fax: 881 996 346

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds