A próxima fin de semana terán lugar no Polideportivo Cerro Almodóvar (Madrid) os Campionatos de España por Clubs en categorías masculina e feminina, Copa do Rei e Copa da Raíña, respectivamente. Para poder participar neste campionato nacional os dezaoito mellores equipos do ranking nacional, tanto na categoría masculina como na feminina, tiveron que enfrontarse nun play off clasificatorio no que só pasaron os doce mellores.