Durante todo o mes de marzo celebrouse en Lugo a segunda proba do Circuíto Galego Xuvenil Galicia Head Tour. O Club de Tenis As Termas e o Centro Deportivo D10 foron os anfitrións desta segunda parada do circuíto, na que, ademais, se disputaron os campionatos galegos das categorías alevín e cadete.
Nesta ocasión foron 395 os nenos e nenas que se inscribiron nesta proba, logrando bater a marca dos 390 inscritos na primeira proba e reafirmando a boa aceptación que ten este circuíto entre os xogadores de toda Galicia.