Galerias de fotos

  • 12/06/2017

    A devandita Comisión foi presentada na Escola Galega de Administración Pública como unha “comisión que dará resposta ás denuncias e incidentes naquelas competicións deportivas oficiais no ámbito autonómico, provincial, zonal ou local”.

  • 08/06/2017

    Durante o acto de entrega das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2017, Feijóo destacou o deporte como un dos maiores instrumentos de integración e cohesión social e referiuse aos galardoados como un orgullo de Galicia.

  • 19/05/2017

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou o club de baloncesto Amfiv campión da Challenge Cup 2017, unha copa –aseverou- á excelencia, ao orgullo e ao traballo constante desde hai 35 anos.

  • 24/04/2017

    A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, asinou nas principais cidades das catro provincias galeas os convenios de colaboración coas federacións deportivas de Galicia que foron aprobados o pasado xoves no Consello da Xunta e que alcanzan un importe de 3.345.216,20 euros para 58 federacións deportivas de Galicia.

     

  • 20/04/2017

    A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, recibiu aos campións e campioas de España.

  • 06/04/2017

    A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, participou no grupo de traballo do Programa de Atención ao Deportista de Alto Nivel (PROAD) que tivo lugar na sede madrileña do Consello Superior de Deportes (CSD).

  • 24/03/2017

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, renovou o compromiso co deporte galego e coa alta competición e anunciou unha partida de 500.000 euros para recoñecer os méritos dos deportistas galegos de alto nivel acadados nos anos 2015 e 2016. Durante a recepción aos campións galegos en competicións internacionais, Feijóo destacou o esforzo, o sacrificio e a entrega de todos eles, valores que, segundo aseverou, “convértenos nunha representación de todo o que os galegos somos e do que todos os galegos aspiramos a conseguir”.