A secretaria xeral para o Deporte asegura que “deporte, infancia e saúde deben ir da man” no cross zonal Xogade de Pontevedra que contou coa participación de 300 nenos e nenas
O 13 de decembro celebrouse outro zonal de campo a través en Pontevedra onde participaron os nenos e nenas dos centros educativos da comarca de Pontevedra representando a un total de 1.100 alumnos
Pontevedra, 23 de decembro de 2016.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, asistiu na mañá de hoxe a carreira de cross zonal Xogade de Pontevedra na que participaron distintos clubs da provincia. Alí, a titular de Deporte asegurou que “deporte, saúde e infancia deben ir da man” para o que a Secretaría Xeral para o Deporte desenvolve programas como o Galicia Saudable ou o Xogade, unha iniciativa que apadriña a competición de campo a través na que participaron ao redor de 300 nenos e nenas.
Os rapaces que participaron nesta carreira que tivo lugar nas inmediacións do parque da Illa das Esculturas representaron a distintos clubs da provincia como o Club Pinarium de Marín, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Club Ciclista Corbelo de Portonovo, Club Deportivo San Paio de A Estrada, Atletismo A Estrada, Agrupación Atlética Mazí de Vilagarcía, Atletismo San Miguel de Marín e Atletismo +9 Moraña.
O 13 de decembro celebrouse outro zonal de campo a través en Pontevedra onde participaron os nenos e nenas dos centros educativos da comarca de Pontevedra representando a un total de 1.100 alumnos.