Noticias
28/12/2016
Federativas

A secretaria xeral para o Deporte recibe ao tenista compostelán Rafael Izquierdo Luque

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, recibiu ao tenista compostelán Rafael Izquierdo  que neste ano 2016 proclamouse subcampión europeo na categoría cadete en Moscova (Rusia). Na súa xuntanza, a secretaria xeral trasladou o seu ánimo ao deportista santiagués e destacou o tenis como un dos deportes que máis futuro ten en Galicia e comprometeu o apoio da Secretaría Xeral neste eido.