HALTEROFILIA: 28ª Copa Galega Internacional “Cidade da Coruña” masculina e feminina
Cabana de Bergantiños, 9 de xullo de 2017
O próximo domingo, día 9, terá lugar no Pavillón Municipal de Cabana de Bergantiños a Copa Galega Internacional “Cidade da Coruña”, na súa vixésimo oitava edición, nas categorías feminina e masculina.
A Copa Galega é unha competición de continuidade harmónica na cal participa un total de 40 deportistas: os/as cinco primeiros/as do ranking galego encadrados/as nas categorías de idades infantil, xuvenil, júnior e absoluta.
A competición desenvolverase en tres tandas ao longo da mañá do domingo, día 9. A entrega de trofeos e medallas terá lugar sobre as 14:00 horas.
Desta Copa Galega sairá a selección definitiva das e dos deportistas que tomarán parte no próximo Campionato de España Sub-17 que se desenvolverá en Madrid do 14 ao 16 do presente mes.
Por outra banda, cabe apuntar que no pasado Trofeo Internacional "Cidade da Coruña" a deportista infantil: IRENE BLANCO TARELA, estableceu novo récord de Europa na categoría de + 75 quilos de peso corporal con 97,0 kg. na modalidade de dous tempos.A nosa deportista, que xa establecera os récords de Europa na modalidade de arrancada e en total olímpico no pasado Campionato do Mundo (Tailandia, abril de 2017) con 82,0 e 176,0 quilos respectivamente, é na actualidade a raíña europea nesta categoría ao establecer ese novo récord de dous tempos, que estaba en posesión da ucraniana Anastasia Vlasenko dende o 10 de setembro de 2016 con 95,0 quilos. Cómpre ter en conta que Anastasia Vlasenko (2001) ten un ano máis cánosa deportistas (2002).
Polo tanto, os récords de Europa na categoría infantil de +75 quilos quedan como se indica a continuación:
ARRANCADA: 82,0 quilos (IRENE BLANCO TARELA) (10 ABRIL 2017)
DOUS TEMPOS: 97,0 quilos (IRENE BLANCO TARELA) (01 XULLO 2017)
TOTAL OLÍMPICO: 176,0 quilos (IRENE BLANCO RARELA) (10 ABRIL 2017)