Noticias
20/10/2017
Institucionais

A secretaria xeral para o Deporte comproba o estado do complexo deportivo de Elviña tras a finalización das obras levadas a cabo neste 2017

As actuacións levadas a cabo pola Secretaría Xeral para o Deporte no complexo deportivo de Elviña alcanzarán neste 2017 os 132.263,4 euros

A Coruña, 20 de outubro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, comprobou na tarde de hoxe o estado do complexo deportivo de Elviña tras a finalización das obras levadas a cabo neste 2017.
Estas actuacións tiveron como obxecto a execución do muro de contención de formigón armado para reforzar o muro existente que perdeu a súa capacidade estrutural (34.324,57 euros), os traballos de protección posterior ás porterías dos campos de fútbol (44.377,72 euros) e os traballos de reforzo da cimentación das varandas dos campos de fútbol con reposición das mesmas (17.137,28 euros).
Ademais, proximamente executarase a instalación dos filtros da piscina de natación que terá un orzamento de 36.423,83 euros. Con todo, as actuacións levadas a cabo pola Secretaría Xeral para o Deporte no complexo deportivo de Elviña alcanzarán neste 2017 os 132.263,4 euros.