HALTEROFILIA: Campionatos de España por Clubs nas categorías masculina (Copa do Rei) e feminina (Copa da Raíña)
A próxima fin de semana terán lugar no Polideportivo Cerro Almodóvar (Madrid) os Campionatos de España por Clubs en categorías masculina e feminina, Copa do Rei e Copa da Raíña, respectivamente. Para poder participar neste campionato nacional os dezaoito mellores equipos do ranking nacional, tanto na categoría masculina como na feminina, tiveron que enfrontarse nun play off clasificatorio no que só pasaron os doce mellores.
O ranking nacional español por clubs pode ser variable, e no presente ano está composto por 97 equipos masculinos e 73 femininos.
Os equipos clasificados son:
Categoría masculina
1º Club Halterofilia Coruña “A” (Galicia) (Campión de Liga 2017)
2º Escuela Tinerfeña “A?” (Canarias) (Subcampeón de Liga 2017) Centro de tecnificación especializado
3º LPV Melilla “A” (Melilla)
4º Club DANENA “A” (País Vasco)
5º E.H. Arucas “A” (Canarias)
6º C.D. San Pablo “A” (Andalucía)
7º Halter-Kamas “A” (Andalucía)
8º A.D.U.S./C.D.U.S. “A” (Castilla-León)
9º Club Halterofilia Coruña “B” (Galicia)
10º Valencia C.H. “A” (Comunidade Valenciana)
11º A.T.C. Gandía “A” (Comunidade Valenciana)
12º Zarauz “A” (País Vasco)
Categoría feminina
1º Escola Tinerfeña “A” (Canarias) (Campión de Liga 2017) Centro Tecnificación Especializado
2º Club Halterofilia Coruña “A” (Galicia) (Subcampeón de Liga 2017)
3º Camponaraya “A” (Castilla-León)
4º C.H. Vallecas “A” (Comunidade Madrileña)
5º Club DANENA “A” (País Vasco)
6º C.H. Blanes “A” (Cataluña)
7º E.H. Arucas “A” (Canarias)
8º C.D. San Pablo “A” (Andalucía)
9º Club Halterofilia Coruña “B” (Galicia)
10º Club Halterofilia Pabellón “A” (Galicia)
11º A.T.C. Gandía “A” (Comunidade Valenciana)
12º C. Anaitasuna “A” (Navarra)
Os equipos masculinos están compostos por seis deportistas e os femininos por catro,polo tanto, co de Galicia desprázanse a terras madrileñas 24 deportistas titulares, ademais desete suplentes e catro técnicos.
O Club Halterofilia Coruña, aínda con bastantes baixas importantes nas súas filas, pode subir ao podio en ambos os campionatos nacionais. Este club xa se foi campión de liga na categoría masculina e subcampeón na feminina, e é o club que máis equipos leva ás finais da Copa do Rei e da Copa da Raíña.