Noticias
03/11/2017
Eventos

HALTEROFILIA: Resultados dos campionatos de España por clubs masculino e feminino

Esta pasada fin de semana celebrouse no Polideportivo Municipal Cerro Almodóvar (Madrid) o Campionato de España por Clubs nas categorías feminina e masculina: Copa da Raíña e do Copa do Rei, respectivamente.

 
Entre os doce primeiros equipos do ránking nacional que se clasificaron no play-off do día 7 atopábansecinco equipos de Galicia pertencentes aos clubs: Club Halterofilia Pabellón "A" feminino e ao Club Halterofilia Coruña "A" e "B" masculino e feminino. O ránking nacional é de 97 equipos masculinos e 73 equipos femininos.

Pódese considerar moi boa a actuación de todos os nosos equipos. Os resultados foron:

Categoría feminina

1º clasificado: Club Halterofilia Coruña ”A”, con 891,29 puntos. CAMPIÓN DE ESPAÑA e da COPA DA RAIÑA.
2º clasificado: Escuela Tinerfeña de Halterofilia “A”, con 870,40 puntos. (centro de tecnificación especializado).
3º clasificado: Club Camponaraya ”A”, con 868,21 puntos (club da olímpica Lidia Valentín).
8º clasificado: Club Halterofilia Pabellón “A”, con 706,08 puntos.
11º clasificado: Club Halterofilia Coruña “B”, con 618,08 puntos.

Categoría masculina

1º clasificado: Escuela Tinerfeña de Halterofilia “A” (Canarias), con 2.039,28 puntos. CAMPIÓN DE ESPAÑA.
2º clasificado: Club Halterofilia Coruña “A”, con 2.011,85 puntos. SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA.
3º clasificado: LPV Melilla “A” (Melilla), con 1.996,62 puntos.
11º clasificado: Club Halterofilia Coruña “B”, con 1.628,96 puntos.

Na Copa da Raíña as deportistas galegas obtiveron dezaoito medallas individuais: seis de ouro, nove de prata e tres de bronce;establecéronse doce novas plusmarcas de Galicia e 3 novos récords de Europa (IRENE BLANCO TARELA). Foron as medallistas:

Irene Martínez Santiago (C.H. Coruña): TRES MEDALLAS DE OURO na categoría de -69 quilos.
Mª Ángeles Hernández Núñez (C.H. Coruña): TRES MEDALLAS DE OURO na categoría de +90 quilos.
Noelia García Suárez (C.H. Coruña): TRES MEDALLAS DE PRATA na categoría de -58 quilos.
Katy Pinales Espinal (C.H. Coruña): TRES MEDALLAS DE PRATA na categoría de -48 quilos.
Irene Blanco Tarela (C.H. Coruña): TRES MEDALLAS DE PRATA na categoría de -90 quilos.
Eva Fernández Rodríguez (C.H. Pabellón): TRES MEDALLAS DE BRONCE na categoría de -90 quilos.

Na Copa do Rei os nosos deportistas lograron doce medallas individuais: seis de ouro e seis de prata, e tamén se estableceron dous novos récords de Galicia (MARTÍN LISTE VIAÑO). Os medallistas foron:

Víctor Castro Mariño (C.H. Coruña): TRES MEDALLAS DE OURO na categoría de -77 quilos.
Peter Nagy (C.H. Coruña): TRES MEDALLAS DE OUTO na categoría de +105 quilos.
Carlos Castro Mariño (C.H. Coruña): TRES MEDALLAS DE PRATA na categoría de -77 quilos.
Martín Liste Viaño (C.H. Coruña): TRES MEDALLAS DE PRATA na categoría de -94 quilos.

 
PROXIMA CITA: Encontro Internacional “Copa Odera” (Alemaña), do 16 ao 19 de novembro.