Noticias
10/11/2017
Eventos

A secretaria xeral para o Deporte gaba a figura de José Luis Torrado ‘O Bruxo’ como unha “testemuña viva do olimpismo” que destaca pola súa “xenerosidade e humildade”

Na entrega da medalla e diploma do Comité Olímpico Mexicano pola súa xenerosidade cos participantes doutras seleccións internacionais nos Xogos Olímpicos de México 1968

Santiago, 9 de novembro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle,   participou xunto ao secretario de Estado para o deporte e presidente do CSD, José Ramón Lete Lasa, na entrega da medalla e diploma do Comité Olímpico Mexicano a José Luis Torrado ‘Casal’ pola súa xenerosidade cos participantes doutras seleccións internacionais nos Xogos Olímpicos de México 1968 cando acudía á cita olímpica como técnico da delegación española de atletismo.
Nas súas verbas, a máxima responsable do deporte galego, gabou a figura de José Luis como unha “testemuña viva do olimpismo” e destacou “a xenerosidade e a humildade dun home que todo o dá”. 
Marta Míguez destacou “a sabedoría, as apócemas e as técnicas recollidas de viaxes ao longo do mundo” dunha persoa que deu “solucións milagreiras a doenzas de milleiros de deportistas, políticos e particulares”.