Noticias
11/05/2018
Institucionais
Marta Míguez acompaña á selección galega de ximnasia rítmica ao inicio da súa viaxe para disputar o Campionato de España en Idade escolar
Vigo, 11 de maio de 2018.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañou no día de hoxe á selección galega de ximnasia rítimica que comezou a súa viaxe a Cáceres para disputar o Campionato de España de Ximnasia Rítmica por seleccións autonómicas en categoría cadete, convocado polo Consello Superior de Deportes, que se celebrará do 11 ao 13 de maio.