Convocatorias
02/04/2019

Anuncio de información pública da proposta de estrutura de costes para o contrato de "Concesión de servizos de xestión integral dos complexos deportivos de Elviña, Sardiñeira e Agra (A Coruña)"

De conformidade co artigo 9.7 do Real Decreto 55/2017 polo que se desenvolve a Lei 2/2015 de desindexación da economía española, foi elaborada unha proposta de estrutura de costes para o contrato de “ concesión de servizos da xestión integral dos complexos deportivos de Elviña, Sardiñeira e Agra ( A Coruña )”.

O que fai público para o coñecemento xeral, como trámite de información pública, para que calquera persoa, física ou xurídica, poida presentar alegacións no prazo de 20 días a partir da data da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, podendo consultar o expediente na páxina web https://deporte.xunta.gal/.

Enlaces